Resumo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón
Bens e edificacións obxecto de protección.
No catálogo de bens e edificacións obxecto de protección que acompaña ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón recóllense todas aquelas edificacións ou elementos con valor de permanencia situadas no eido territorial do concello segundo a subdivisión parroquial do mesmo, actualizado e revisado no correspondente catálogo do planeamento anteriormente vixente.
O patrimonio arquitectónico de Narón é especialmente significativo no medio rural, cun gran número de edificacións características da arquitectura popular.
O catálogo de bens e edificacións establece una relación de edificios, construcións ou elementos illados de interese, ben sexan obras de arquitectura ou enxeñería, así coma xardíns ou espazos non edificados caracterizados pola súa vexetación e valores ambientais que reúnen pola súa singularidade e interese histórico, arquitectónico ou etnográfico, un nivel cualitativo suficiente para acreditar o seu mantemento, conservación e protección patrimonial.
Conforme esta valoración e analizadas as súas calidades a nivel global, as edificacións ou conxuntos clasifícanse segundo tres niveis de protección aos que se lles asocian limitacións restritivas no tocante aos tipos de obras permitidos acorde coa importancia do seu grao de catalogación.
- NIVEL I: Protección Integral.
- NIVEL II: Protección Estrutural.
- NIVEL III: Protección Ambiental.
Definición e catalogación de bens e edificacións obxecto de protección.
Constitúen bens de interese, suxeitos a protección urbanística de acordo coas determinacións da presente normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón, os seguintes:
- Todos os bens que se indican na relación que se adxunta a esta ordenanza.
- Todos os hórreos e cabazos de máis de 100 anos, conforme ao Decreto 444/1973, do 22 de febreiro.
- Todos os escudos, embalses, pedras heráldicas, selos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de máis de 100 años, conforme ao Decreto 57111.963, do 24 de marzo.
- Calquera outro elemento que por aplicación da lexislación vixente e a iniciativa da Dirección Xeral de Patrimonio ou outros organismos se determine.
Volver |