|
A misión deste Corpo da Policía Local é a prestación ós veciños de toda.la a protección e colaboración necesarias, para que
éstes-as poidan exercer con total libertade todo-los dereitos que lles recoñecen ás leis en vigor, así como a de desempeñar
as funcións establecidas no artigo 53 da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade:
-
Protexer ás Autoridades da Corporación Local do Concello de Narón, vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais,
así como os bens de uso público local. Esta función supón especialmente a prestación dos servicios seguintes:
- Protección do Alcalde, Tenientes de Alcalde e Concelleiros no exercicio das súas funcións de goberno e administración municipal.
- Protección dos funcionarios municipais na realización das dilixencias que forman parte da súa función.
-
Cooperación á representación corporativa, acompañando ás autoridades municipais en cerimonias e ocasións solemnes, tales como
recepcións, procesións, desfiles, festas e outras de análoga natureza
-
Custodiar e vixiar os bens de dominio público e patrimoniais ou de propios de responsabilidade municipal.
Constitúen bens ós efectos de custodia e vixilancia por parte da Policía Local:
-
Os de Dominio e Servicio público local, tales como Casa Consistorial, escolas, institutos, cemiterio, centros de saúde,
elementos de transporte, piscinas e campos de deportes, e en xeral calesquera outros bens directa ou indirectamente
destinados á prestación dos servicios públicos ou administrativos.
-
Os de Dominio e Uso público como son os camiños, rúas, paseos, parques, augas de fonte e estanque, pontes e demáis obras
públicas de aproveitamento e utilización xeral cuia conservación e garda sexan competencia do Concello.
-
Os bens patrimoniais ou de propios obxecto de custodia e vixilancia que sendo de propiedade do municipio non estean
destinados ó uso público nin afectados a algún servicio público e poidan constituir fontes de ingreso para o municipio.
-
Ordear, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbán, cos medios a súa disposición e de acordo co establecido nas normas de
circulación. Esta función implica especialmente:
-
Velar polo cumprimento das disposicións contidas no Real Decreto Lexislativo 339/90 de 2 de marzo, e as súas disposicións
Complementarias, Código da Circulación e na Ordenanza Municipal de Circulación, mediante indicacións ou, no seu caso,
denunciando ós infractores e incluso adoptando, se as circunstancias o requiren, medidas de coerción previstas pola Lei.
- Control e informe da ordeación do tráfico.
- Vixilancia e informe da sinalización viaria.
- Prevención dos accidentes de tráfico.
- Manter despexada de obstáculos a vía pública.
- Suplir coa súa actuación as deficiencias e averías que se produzan nos elementos de sinalización vial.
-
Regular a circulación rodada e peatonal ante aglomeracións de vehículos e persoas a fin de procurar un
normal desenvolvemento do tráfico en condicións de seguridade.
- Informar ó público nestas materias.
- Colaborar nas campañas sobre educación vial, especialmente no ámbito escolar.
-
Para o desenvolvemento das funcións de ordeación, regulación e sinalización, todos aqueles gabinetes e departamentos
técnicos que sexan necesarios para optimizar a fluidez do tráfico en toda-las vías urbanas actuarán en coordinación
coa Policía Local, sen prexuízo das atribucións que ostenta o Alcalde en canto á dirección do goberno e a administración
municipal e á dirección, inspección e supervisión dos servicios municipais.
- Instruir atestados por accidentes de circulación dentro do casco e vías urbáns.
-
Policía Administrativa, velando polo máis exacto cumprimento das Ordenanzas, Bandos e demáis disposicións do Concello de Narón,
dentro do ámbito das súas competencias. En particular, exerceranse funcións de Policía Administrativa nas seguintes materias:
- Convivencia cidadá.
- Circulación e transportes.
- Disciplina urbanística.
- Protección do Medio Ambiente.
- Salubridade e Hixiene.
- Feiras e Mercados.
- Instrucción e cultura.
- Conservación e uso da vía pública.
- Actividades profesionais, comerciais e industriais.
- Protección, seguridade e defensa de persoas e bens.
- Turismo.
- Asistencia Social.
- Fiscal no ámbito da Hacienda Municipal e, nos casos que proceda, na Autonómica e Estatal.
-
Alumeado público e telecomunicacións. Servicios de subministración de augas, limpeza viaria, de recollidas e tratamento
de residuos, rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais.
- Transporte público de viaxeiros.
- Cumprimento da escolaridade obrigatoria.
-
A Policía Local de Narón, poderá tamén exercer funcións de policía administrativa de carácter estatal ou autonómico mediante
a denuncia das infraccións pertinentes diante dos órganos competentes para a súa resolución
-
Participar nas funcións de Policía Xudicial de conformidade có ordenamento xurídico, practicando cando fora necesario as
primeiras dilixencias de prevención, dando conta de tales actuacións á Autoridade Xudicial e o Ministerio Fiscal, todo
isto baixo os principios de cooperación e colaboración coas demáis Forzas e Corpos de Seguridade.
-
A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando na forma prevista nas leis,
na execución dos plans de Protección Civil.
-
Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delictivos no marco de colaboración
establecido na Xunta Local de Seguridade.
-
Vixiar os espacios públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía da Comunidade Autónoma na
protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas cando sexan requeridos para tal fin.
- Cooperar na resolución dos conflictos privados, cando sexan requeridos.
|