Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

7º LOCACIÓN - CONDUCIÓN

Os priores de Xuvia e Pedroso máis atentos á prosperidade das súas casas ou liñaxes que aos seus mosteiros, inclúen nos contratos de foro cláusulas que obrigan ao mosteiro no momento da reversión (é dicir cando caducan os foros) a aforar os mesmos bens, co mesmo canon e baixo idénticas condicións sempre á mesma liñaxe.

As familias fidalgas sobreditas perpetúanse tamén nos cargos municipais das villas de Ferrol e Neda, sentando as bases dunha protoburguesía de sangue, que, en poucas xeracións, mediante endogamia reconstruía continuamente as súas xenealoxías. Da súa actividade depende unha industria de salgadura de peixe, extracción de marisco, sobre todo ostras, os portos, as instalacións industriais e a pesca desenvolvida no Mar da Xoiva en torno ao "Campo das Redes", aforado por Pedroso aos Fernández de Ferrol (antepasados da Casa de Mandiá ou Casa do Monte), onde adoitaban a enxugar e lavar as redes os mariñeiros. Xunto á obtención de peixe salgado, coiros, viños (a plantación de vide foi incentivada polos mosteiros de Xuvia e Pedroso) e o control da pesca, pronto aprenderon os fidalgos trasanqueses (Piñeyro, Andrade, Tenrreyro Mandiá) a arte da comercialización e do tráfico marítimo internacional contando nos séculos seguintes con naves propias no "mar da Xoiva" ou ría de Ferrol, orientadas ao comercio do Atlántico sobre todo a Inglaterra. Cocas, Naos e Carabelas - como a famosa nao Sta. María de Caranza de Fernán Pérez de Andrade ou a nao dos Piñeiro que sería negada segundo Gándara a Enrique de Trastámara, pero tamén ao tráfico co Mediterráneo (naves de Roi González e Fernán González de Mandiá). Xunto co sal necesario para a industria de salgadura, constituían as principais importacións panos ingleses bastos de estopilla, e os texidos como sedas e morillas finos do Mediterráneo.

Volver

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal