Español
Entrada a Naronmail
 
A Golpe de Vista
 
Localización
 
Como Chegar
 
Mapas de Narón
 
Parroquias
 
Contorno
 
Historia
 
Directorio Telefónico
 
Urxencias
 
Narón en fotos
 
Feiras e Mercados
 
Aldea Nova
 
Cosma
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

1º PREHISTORIA. NEOLÍTICO

Aínda que os estudos de antropoloxía biolóxica da universidade de Santiago sinalan o autoctonismo da poboación galega con máis de 40.000 anos de antigüidade hai que agardar ao Neolítico para ter noticias desta poboación. Da etapa final deste período (4000-2000 a. C.) conserva o Concello de Narón unha espléndida representación das construcións funerarias (túmulos) de carácter monumental chamados moimentos ou mámoas. Entre as maiores de Galicia, unha gran mámoa do Monte de Nenos (en Montiños da Moura, Sedes), aparentemente sobreponse a outras de menores dimensións.

Moitos destes túmulos serven de marcos divisorios internos entre as freguesías do noso Concello, e deslindan tamén ao Concello de Narón dos limítrofes de Valdoviño, San Sadurniño e Ferrol.

No Neolítico Atlántico entre o VII e o III milenio a.C. prodúcese probablemente a sedentarización da Terra de Trasancos, e a creación das primeiras institucións indoeuropeas, co marco común dunha lingua europea indiferenciada. A Terra de Trasancos será unha das primeiras poboacións creadoras e portadoras desta lingua Antigoeuropea ou Alteuropäische (de Krahe/ Monteagudo) cuxa pegada estará presente aínda na hidronimia (río Xuvia, río Belelle) e recoñécese sobre todo no nome da nosa comarca: Terra de Trasancos-procede probablemente da raíz do ae. *Trs. = "queimar", "tostar", lat. torreo, "facer rozas para cultivar"-, que chegará a ser na Idade do Ferro unha das unidades políticas territoriais ou principados celtas chamadas "trebas" ou "terras" nas que se organizan, por vez primeira, estas sociedades "cabaleirescas" que poderiamos denominar protofeudais.

Así no Neolítico, cunha etimoloxía alusiva á súa vocación agrícola nace a Terra de Trasancos, como unidade social e política de base territorial. A este período corresponden probablemente certos relatos conservados en Narón relacionados con vellos mitos da creación estudados polo gran etnógrafo galego Fernando Alonso Romero "unha anciana constructora de megalitos" á que se atribue a chamada Pena Molexa; e folclore do Ciclo de Valverde que fala de poboacións afundidas ou asulagadas, no Marco de Portonovo, Sedes, que divide os Concellos de Narón, Valdoviño e San Sadurniño, con huellas del pie divino chamadas técnicamente plantae pedum. O rexistro arqueolóxico do Concello de Narón (estudiados por A. Pena Graña e os seus colaboradores do Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos, I. Garcia Novás. A. López Fernandez) sinala a presencia dunha serie de mámoas, túmulos sin cámara -de gran interese para demostra-la inutilidad das liñas interpretativas da chamada "Arqueoloxía Espacial" polas baixas cotas que presentan de 30 a 80 mts. sobre o nivel do mar- conservadas pola súa utilización, posterior, como marcos. Dividen estos túmulos Leixa e S. Mateu, e San Mateu del Val, así como os concellos de Narón e Valdoviño.

Volver

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Septembro 2010 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal