Español
Entrada a Naronmail
 
A Golpe de Vista
 
Localización
 
Como Chegar
 
Mapas de Narón
 
Parroquias
 
Contorno
 
Historia
 
Directorio Telefónico
 
Urxencias
 
Narón en fotos
 
Feiras e Mercados
 
Aldea Nova
 
Cosma
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Contorno
 

CLIMATOLOXÍA

Pola súa situación xeográfica, o Concello de Narón presenta un clima temperado de tipo oceánico, caracterizado por temperaturas pouco extremadas e cunha oscilación térmica pequena, con invernos suaves e veráns frescos.

Prema aquí para ver a información meteorolóxica subministrada polo Instituto Nacional de Meteorología

MEDIOAMBIENTE

Son moitos os lugares naturais de gran valor cos que conta Narón. De entre todos eles, o Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal salvagarda unha serie de zonas que cómpre protexer pola súa valía ecolóxica excepcional:

> Vilarquinte-A Lagoa: que abrangue a franxa costeira e os montes da Lagoa, na parroquia do Val.

> Pereiruga-Nenos: área forestal de 400 hectáreas, situada nas zonas altas de Pedroso e Sedes. Destaca pola gran variedade de fauna que a habita.

> A franxa da Ría: malia ser unha zona altamente urbanizada, o espazo entre Punta Caleira e a desembocadura dos ríos Freixeiro e Salgueiro presenta unha costa suave de importante vida mariña.

> As cuncas dos ríos Xuvia, Castro, Salgueiro, Pereiro e Freixeiro: que unen ao discorrer dos propios ríos unhas marxes de gran riqueza paisaxística.

> As cuncas fluviais dos regueiros.


DEMOGRAFÍA

Un total de 37.980 persoas residen en Narón, segundo os últimos datos do Padrón Municipal de febreiro de 2009. Este dato sitúa a Narón como o oitavo concello máis poboado de Galicia, aínda que o rexistro do Instituto Nacional de Estatística (INE) recoñece 37.008 habitantes a data de 1 de Xaneiro de 2008. Nin sequera a acusada crise de natalidade que sufre o país modificou a tendencia crecente do censo desde comezos do século XX, cando contaba con pouco máis de 8.000 habitantes.

Un dato relevante que amosa o desenvolvemento poboacional é que tan só un de cada tres censados naceu neste concello. Ao abeiro das posibilidades de traballo, o concello foi porto de chegada de preto de 17.000 persoas, principalmente dos municipios lindeiros.

O oitenta por cento dos veciños de Narón están agrupados na capital, Narón, que se corresponde co núcleo urbano integrado polos barrios da Gándara, Alto do Castiñeiro, O Couto, Santa Icía, Piñeiros e Xuvia; distribuíndose a poboación restante entre as parroquias da zona rural: Castro, Doso, O Val, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes e Trasancos.

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Septembro 2010 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal