Español
Entrada a Naronmail
 
A Golpe de Vista
 
Localización
 
Como Chegar
 
Mapas de Narón
 
Parroquias
 
Contorno
 
Historia
 
Directorio Telefónico
 
Urxencias
 
Narón en fotos
 
Feiras e Mercados
 
Aldea Nova
 
Cosma
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Como Chegar
 
Ver mapa

Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade a autoestrada AP-9 Ferrol-Narón-Madrid ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén aos núcleos urbanos entre si. A autovía A-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba, posúe tres accesos no termo municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do Concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o termo municipal cos concellos limítrofes.

Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón, de FEVE, é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid (RENFE) non ten estación en Narón, de xeito que cómpre desprazarse aos concellos limítrofes de Ferrol ou Neda para coller este tren.

Por aire: en canto ao transporte aéreo, hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello desde lonxe.

Distancias quilométricas dende Narón a outras localidades galegas

LocalidadeDistancia (Km)
A Coruña54
Ares20
As Pontes de García Rodriguez32
Betanzos40
Cedeira29
Ferrol5
Fisterra154
Lugo98
Miño27
Monfero39
Mugardos21
Neda4
Ourense180
Ortigueira43
Pontevedra153
Pontedeume20
San Andrés De Teixido40
San Sadurniño12
Santiago De Compostela95
Tui203
Valdoviño8
Vigo190
Vilalba60
Vilarrube19
Viveiro78



Distancias quilométricas dende Narón ás capitais do resto de Comunidades Autónomas

ComunidadeCidadeDistancia (Km)
AndalucíaSevilla933
AragónZaragoza819
AsturiasOviedo326
CantabriaSantander534
Castela la ManchaToledo661
Castela LeónLeón320
CataluñaBarcelona1104
EstremaduraMérida789
Illas BalearesPalma1390
Illas CanariasAs Palmas2601
Illas CanariasTenerife2495
A RioxaLogroño635
MadridMadrid595
MurciaMurcia996
País VascoVitoria617
NavarraPamplona725
ValencianaValencia947
CeutaCeuta1270
MelillaMelilla1340

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Septembro 2010 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal